Sunday 19 de May de 2024

Veciños e usuarios da estrada de Guisamo piden melloras na sinalización da zona en obras


 O PP levará ao pleno a mellora de seguridade viaria neste punto negro en obras tras o atropelo grave dun motorista, así como continuos alcances

Veciños da estrada de Guisamo denunciaron a falta de seguridade viaria da zona e o estado lamentable do acceso desde a Estrada de Ferrol á Incorporación á estrada dirección Coruña. piden acometer melloras na sinalización e Asfaltado. Esta zona punto negro de accidentes volve ser obxectivo de accidentes, pero agora debido á sinalización dubidosa e cun firme nada desexable.

Manuel Martínez veciño da zona afirma que non é raro o día que non se vexan alcances sobre todo polas dúbidas de acceso á estrada de Coruña, “Vin camions vir de Ferrol dar a volta por ou cruzamento a Betanzos por non ter claro cal e ou carril polo que ir a Coruña” manifestou, desde que empezaron as obras é xa algo cotiáns alcances freadas, pero temen algo peor agora coas choivas

O accidente máis grave en apenas un mes de obras ocorreu o pasado día 10 onde un motorista foi atropelado por un turismo que non respecto o stop, Segundo fontes dos equipos de emerxencias, o turismo non respectou o sinal de Stop. volverán solicitalo hoxe noutro pleno.

As obras durasen máis de dous anos polo que Manuel Fafian portavoz do Partido popular de Bergondo levase a pleno esta esixencia de veciños e condutores,

“Pedimos que se tomen as medidas necesarias, firme adecuado ademais de reforzar e mellorar a sinalización durante a realización dunhas obras tan longas nun punto negro declarado, é obvio que necesita especial Atención “